venres, 30 de abril de 2021

Picnic literario 🧺 📖

 O xoves  por fin puidemos facer o picnic literario. Acabamos moi cansos  pero foi  xenial. Seguro que repetimos 😁

Aquí 👈  tedes o vídeo. Mirade que ben o pasamos! 

venres, 23 de abril de 2021

Semana do libro 📚



 


Esta semana foi a Semana do Libro e ainda que non puidemos facer o picnic literario (xa o faremos cando mellore o tempo) fixemos un montón de actividades relacionadas cos libros.

 Na aula decidimos facer un contacontos entre todos para conmemorar esta data tan importante. 

Premede no libriño para poder ver o video 📖

Ademáis recibimos unha carta de Barazas, a mascota da biblioteca do cole que nos convidaba ir a visitala e con moita ilusión fomos á biblioteca onde, a parte de ver os libros que temos nela, puidemos ver e lembrar  o traballo que fixeramos sobre o ODS “Vida submarina” e ver tamén os traballos dos demais nenos e nenas do cole. 


E por suposto, tamén falamos do Salón do Libro, pois o mércores levamos unha gran sorpresa ao saír ao recreo e atoparnos coa estatua de Orbil. 

E podedes visitar o blogue da biblioteca do cole onde atoparedes o traballo que fixo todo o centro para colaborar co Salón do Libro. http://enredandoentrecontos.blogspot.com/?m=



venres, 16 de abril de 2021

Jugando en el recreo

 Nos encantan los días en los que hace sol o por lo menos no llueve, porque así podemos salir al recreo. Como este año no podemos ir al parque,  jugamos con nuestros compis a lo que se nos ocurre y a veces hacemos juegos de rueda, buscamos hojitas y palitos, hacemos carreras, jugamos a pillar... y ahora que el tiempo nos acompaña, estamos aprovechando para  probar diferentes materiales. 



venres, 9 de abril de 2021

Día Mundial da Saúde

 O 7 de abril conmemorouse o Día Mundial da Saúde. Primeiro explicamos o que é a Saúde e despois  fixemos un traballo cooperativo onde recollimos os coidados básicos que precisa o noso corpo para ter unha boa Saúde. Cada equipo tiña o material necesario para facer o traballo e había que poñerse de acordo para ver cómo colocar as fotos, quen empezaba, en que orde... decisións tomadas entre todos os membros  de cada equipo mediante o diálogo. 



Último día ☀️ 🎈

 Esta semana celebramos los cumples de Marta, Óscar y Martín Virel, ¡muchas felicidades!  Y hoy ya llegó el último día de cole y último día ...