venres, 13 de novembro de 2020

Mes da ciencia 🧪





 Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, impúlsase a celebración anual no mes de novembro como o  Mes da ciencia en galego.

Por iso, esta semana en clase convertímonos en pequenos  científicos e realizamos un sinxelo experimento con flores de papel. 

En primeiro lugar, cada equipo foi pasando a flor a cada un dos seus membros para coloreala de forma libre. Despois a profe recortounas e plegamos os pétalos. Finalmente, deixamos a flor na auga con suavidade, fixemos as nosas hipóteses sobre o que podía pasar e agardamos a ver que acontecía. Esta última parte permitiunos traballar a atención plena, mentres observábamos con paciencia como a flor se abría pouco a pouco. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Último día ☀️ 🎈

 Esta semana celebramos los cumples de Marta, Óscar y Martín Virel, ¡muchas felicidades!  Y hoy ya llegó el último día de cole y último día ...