venres, 28 de outubro de 2022

Samaín 🎃

As dúas últimas semanas adentrámonos na celebración do Samaín 🎃

Comenzamos coa lectura dos  contos “Como mola  tu escoba”🧙‍♀️ e “un, dous, tres, vampiro ti es” 🧛🏻

A nosa mascota Naturizo🦔(xa vos falaremos del máis adiante) deixounos unha carta para investigar sobre o Samaín e un video no ordenador con información sobre esta data. Agora xa sabemos por qué se celebra o Samaín.

Xogamos ao pictionary de Samaín, traballando de paso a lectoescritura; traballamos a expresión corporal e a dramatización dando sustos aos compañeiros🦇🧟‍♂️ 👻👹
Desenvolvemos a creatividade e a expresión oral inventando historias de medo e imaxinamos como daríamos sustos á xente 😈 
Fixemos bruxas para decorar a cortiza do corredor  empregando  diferentes materiais.

Co paso dos días a nosa clase foise ambientando para finalmente o venres facer a festa de disfraces e participar nas actividades organizadas pola ANPA.
Despois de tanto traballo toca descansar 😌 feliz ponte e vémonos o mercores!💜🧡💚

Premede nesta  cabaciña 🎃 para poder ver o vídeo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Último día ☀️ 🎈

 Esta semana celebramos los cumples de Marta, Óscar y Martín Virel, ¡muchas felicidades!  Y hoy ya llegó el último día de cole y último día ...