venres, 11 de novembro de 2022

Cousiñas de outono 🌰 🦔 🍂



 Hai unhas  semanas que na nosa clase temos un invitado moi especial: Naturizo 🦔 

Con él aprendemos  aspectos relacionados co coidado e respecto pola natureza e tamén sobre a cultura e tradicións galegas.
Como nos contou no seu libro, en outono 🍂 anda na procura dunha casiña 🏠 para pasar o inverno ❄️ Nós recollimos follas no parque para poder facerlle unha na que se sentise ben cómodo. 
Tamen fixemos Naturiciños para decorar a porta de clase, empregando un garfo para facer as pugas.
E Se durante a lectura do conto de Naturizo non entendiamos algunha palabra, buscabamos  o significado no ordenador para aclaralo. E tamén recollimos ese novo vocabulario nunca ficha. 


E non podemos esquecer o moito que nos gusta bailar a canción de Naturizo. Aquí tedes un anaquiño. 

O mércores celebramos  o magosto no cole. Ese día participamos nos xogos  populares que se organizaron en diferentes zonas do cole e puidemos desfrutar das castañas asadas. Tivemos que tomalas dentro da clase porque fora estaba todo mollado.
Premendo na castaña podedes ver o ben que o pasamos. 🌰

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Último día ☀️ 🎈

 Esta semana celebramos los cumples de Marta, Óscar y Martín Virel, ¡muchas felicidades!  Y hoy ya llegó el último día de cole y último día ...